Ola
a todos!
Para
rematar o tema dos animais definitivamente, esta semana tivemos unha clase
práctica para comprobar cousas que aprendemos. Para iso, cada equipo tivo que
diseccionar un xurelo!
Tiñamos
visto moitas veces como limpaban os peixes no mercado, por exemplo, pero nunca
estiveramos a mirar o interior de ningún. Ao principio foi un
pouco...impactante. Pero a verdade é que aprendemos moito. Vimos as branquias e
as comparamos cos pulmóns, estivemos situando todos os órganos vitais...ata
nalgún caso atopamos seres vivos (que non nos resultaron moi agradables, por
certo) no interior do noso peixe!
Despois
tivemos que responder oralmente a algunhas preguntas relacionadas co que
viramos...a verdade é que descubrimos partes dos peixes que non coñeciamos!
En
resumo, foi unha práctica moi interesante, na que puidemos ver e tocar cousas
que ata o de agora viramos soamente en libros. Estivo xenial! E case todos
estamos de acordo en que así aprendemos máis e mellor que vendo fotos ou
información nos libros, así que...profes, hai que repetir!!