martes, 18 de marzo de 2025

LÓVA: Visitounos Xosé Lois Romero!

En LÓVA, os membros da compañía TITÁNS seguimos avanzando na creación da nosa ópera. Está sendo un proceso moi intenso, cheo de momentos especiais. No camiño, temos a sorte de contar con xente marabillosa, profesionais xenerosos que se animan a colaborar connosco.

Hai unhas semanas, visitounos Xosé Lois Romero, un músico e compositor destacado no panorama musical galego, que forma parte de importantes proxectos. Ensinounos moitas cousas sobre a profesión de composición musical, dándonos consellos moi útiles que saberemos aproveitar á hora de compoñer as nosas melodías. Incluso nos axudou a crear un anaquiño dunha canción.

Grazas, Xosé Lois, por achegarnos a esta profesión tan importante nunha ópera! Agardamos verte na estrea! 😊🎤🎷🎸🎺🎻🎶🎵







No hay comentarios:

Publicar un comentario

LÓVA: Visitounos Xosé Lois Romero!

En LÓVA, os membros da compañía TITÁNS seguimos avanzando na creación da nosa ópera. Está sendo un proceso moi intenso, cheo de momentos esp...