miércoles, 14 de junio de 2017

Diseccionamos un xurelo!

Ola a todos!

Para rematar o tema dos animais definitivamente, esta semana tivemos unha clase práctica para comprobar cousas que aprendemos. Para iso, cada equipo tivo que diseccionar un xurelo!

Tiñamos visto moitas veces como limpaban os peixes no mercado, por exemplo, pero nunca estiveramos a mirar o interior de ningún. Ao principio foi un pouco...impactante. Pero a verdade é que aprendemos moito. Vimos as branquias e as comparamos cos pulmóns, estivemos situando todos os órganos vitais...ata nalgún caso atopamos seres vivos (que non nos resultaron moi agradables, por certo) no interior do noso peixe!

Despois tivemos que responder oralmente a algunhas preguntas relacionadas co que viramos...a verdade é que descubrimos partes dos peixes que non coñeciamos!

En resumo, foi unha práctica moi interesante, na que puidemos ver e tocar cousas que ata o de agora viramos soamente en libros. Estivo xenial! E case todos estamos de acordo en que así aprendemos máis e mellor que vendo fotos ou información nos libros, así que...profes, hai que repetir!!


Deixámosvos, coma sempre, fotos nas que mostramos o que fixemos!



Reinterpretando Las Meninas

En clase de lengua castellana, los alumnos de 5º, hemos trabajado el cuadro de Velázquez "Las Meninas" a través de la estructura c...