O alumnado de 5º EP participou nunha actividade moi especial dentro do proxecto LÓVA, titulada “Eu son”. A través dela, os nenos e nenas exploraron quen son e como se senten, utilizando a arte e as metáforas como linguaxes de expresión.
Cada estudante buscou unha imaxe simbólica para representarse: “Eu son unha flor”, “eu son unha ruleta”, “eu son un barco”, “eu son unha nave espacial”, “eu son un burato negro”... Cada unha destas frases agocha unha historia, unha emoción e unha forma de ver o mundo.
O obxectivo da actividade foi fomentar a reflexión persoal e a expresión artística e oral,bases fundamentais do proxecto LÓVA.
A o corredor encheuse de cores, palabras e emocións. Entre risas, pinceladas e pequenas conversas, os nenos e nenas descubriron que non hai unha soa maneira de ser, e que a arte é un espello onde podemos vernos de moitas formas distintas.
Foi unha experiencia chea de creatividade, sensibilidade e identidade, que nos axuda a seguir construíndo, pouco a pouco, a nosa compañía de ópera... e tamén a nós mesmos.
.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario