jueves, 9 de octubre de 2025

O alumnado de 5º de Primaria investiga o cometa 3I/ATLAS

Dentro do tema 1 de Ciencias Sociais, dedicado ao estudo do universo, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha pequena investigación en equipos sobre o cometa 3I/ATLAS, un obxecto interstelar descuberto en xullo deste ano.

Durante a actividade, os nenos e nenas aprenderon tamén moitas cousas sobre outros cometas famosos, como o Halley ou o Yakutake, e outros corpos interestelares, e compararon as súas características coas do 3I/ATLAS.

Este traballo axudoulles a relacionar o que aprenden na aula coa actualidade científica, descubrindo que a ciencia está sempre en movemento e que o espazo continúa cheo de misterios por investigar.

Unha experiencia chea de curiosidade, ilusión e ganas de seguir aprendendo! 🌠









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aprendendo a dirixir en equipo no proxecto LÓVA

Dentro do proxecto LÓVA , os nenos e nenas recibiron a visita de Gabriel , pai de Ohana , que participou nunha sesión moi enriquecedora e ch...