miércoles, 27 de mayo de 2020

Experimentando con plantas

Seguindo co tema das plantas, que estamos a estudar en Ciencias Naturais, os nenos e nenas de 5º EP volvemos meternos na pel duns experimentados científicos para levar a cabo unha interesante investigación a través do método ciéntifico.

Primeiro fixémonos unha pregunta: Que ocorre cando privamos  a unha planta da luz que precisa para medrar? Pode medrar igualmente?






Para dar resposta a esa pregunta, collimos unhas lentellas e metémolas en dous recipientes con algodón húmido no fondo para que xerminasen. Un dos recipientes puxémolo nunha caixa, con completa escuridade. O outro deixámolo fóra. Por suposto, observamos e comparamos o crecemento de ámbalas dúas plantas durante 15 días, seguindo de preto o proceso e anotando as nosas indagacións e averiguacións nun diario científico personalizado.





Chegamos a conclusións interesantes, entre elas a diferencia na realización da fotosíntese: dado que as plantas que estaban a escuras non recibiron a luz solar necesaria, non produciron clorofila, polo que o seu aspecto era pálido, non verde. Medraron igualmente, pero non dun xeito normal.

Algúns de nós decidimos transplantar as nosas plantiñas para darlles a oportunidade de seguir medrando libremente.






Foi unha investigación moi interesante!

martes, 12 de mayo de 2020

Colaxe sobre a fotosíntese

Na materia de Ciencias da Natureza, os alumnos de 5º EP estamos estudando o reino das plantas e as súas características. Por iso, hai uns días tivemos que crear un collage moi orixinal representando o proceso de fotosíntese.

Como xa saberedes, mediante este proceso as plantas verdes, con clorofila, e algunhas bacterias, transforman a enerxía da luz en enerxía química para a síntese de nutrientes, principalmente hidratos de carbono, a partir de CO2 e auga.

E iso foi o que nós quixemos explicar a través das nosas composicións personalizadas, nas que empregamos materiais que tiñamos pola casa, como cartolina, papeis de cores, plastilina, goma eva e, sobre todo, moita imaxinación e creatividade, que sempre son os ingredientes máis necesarios cando estamos a facer unha manualidade.

Mirade que chuladas fixemos!







Reinterpretando Las Meninas

En clase de lengua castellana, los alumnos de 5º, hemos trabajado el cuadro de Velázquez "Las Meninas" a través de la estructura c...