viernes, 7 de abril de 2017

Un pouco máis sobre os nosos planetas

Ola a todos!

Esta semana voltamos para contarvos un pouquiño máis dos nosos planetas particularmente, que de seguro que queriades saber máis deles.

Nas últimas semanas, en ciencias da natureza, estivemos traballando sobre os ecosistemas: os seus elementos, cómo se relacionan entre sí, qué pasaría se faltase algún… Para iso, aparte de buscar información e investigar coma sempre, fixemos unha destreza de pensamento chamada “As partes e o todo”. Nela apuntamos todas as partes dos ecosistemas, e intentamos imaxinar o que pasaría se faltase algunha desas partes. Sabiades que se faltase calquera elemento, estea vivo ou non, pode ser fatal para todos nós? Pois nos estivemos analizando o por qué, e a verdade é que resultou superinteresante! 

Ben, pois despois diso, puxémonos a observar os nosos planetas e os seres que habitaban neles, e decidimos mostrárvolos en directo e en tres dimensións. Ademais, temos unha cadea alimenticia propia de cada planeta co seu produtor, os seus consumidores...e, por suposto, os seus descompoñedores. Aquí volas deixamos, e se queredes máis información ou velas mellor, non tedes máis que pasar por diante do noso corredor ou preguntarnos a nós!


Un saúdo galáctico desde Mundo Celeste!

Reinterpretando Las Meninas

En clase de lengua castellana, los alumnos de 5º, hemos trabajado el cuadro de Velázquez "Las Meninas" a través de la estructura c...