Ola a todos!
Esta semana
voltamos para contarvos un pouquiño máis dos nosos planetas particularmente,
que de seguro que queriades saber máis deles.
Nas últimas
semanas, en ciencias da natureza, estivemos traballando sobre os ecosistemas:
os seus elementos, cómo se relacionan entre sí, qué pasaría se faltase algún… Para
iso, aparte de buscar información e investigar coma sempre, fixemos unha
destreza de pensamento chamada “As partes e o todo”. Nela apuntamos todas as
partes dos ecosistemas, e intentamos imaxinar o que pasaría se faltase algunha
desas partes. Sabiades que se faltase calquera elemento, estea vivo ou non,
pode ser fatal para todos nós? Pois nos estivemos analizando o por qué, e a
verdade é que resultou superinteresante!
Ben, pois despois
diso, puxémonos a observar os nosos planetas e os seres que habitaban neles, e
decidimos mostrárvolos en directo e en tres dimensións. Ademais, temos unha
cadea alimenticia propia de cada planeta co seu produtor, os seus
consumidores...e, por suposto, os seus descompoñedores. Aquí volas deixamos, e
se queredes máis información ou velas mellor, non tedes máis que pasar por
diante do noso corredor ou preguntarnos a nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario