Bos días desde
Mundo Celeste!
Esta semana foi
unha semana de instrucións; pero non unas instrucións calquera. Cada un de nós preparou
un titorial para os nosos compañeiros. Todos aprendemos a facer moitas cousas!
Queredes saber como o fixemos?
Pois, primeiro,
aprendemos como era un texto no que dar instruccións, as súas partes e a sua
linguaxe.
Logo, en equipos
cooperativos, utilizando unha estrutura que seguro que xa coñecedes, o folio
xiratorio, elaboramos un texto deste tipo cada grupo, e explicámolo diante do
resto da nosa galaxia. Entre todos, buscamos os pequenos erros que tivemos, e
pasamos a traballar cada un o seu. O mellor de todo é que o tema foi libre!
Vamos, que cada un puido ensinar o que quixo!
Aprendemos a
facer figuras de papel, masas estrañas (slime, por exemplo), casas de
cartón....e ata unha tarta!! Que, por certo, estaba riquísima!
Por suposto que
non foi o único que fixemos esta semana eh...estivemos facendo tamén unha
presentación por equipos sobre os climas do mundo (hai moitos máis dos que
pensabamos!), e traballando os ecosistemas e as cadeas tróficas, pero desde
logo, o que máis nos gustou foi poder ensinar aos nosos compañeiros a facer
cousas novas e útiles para todos!
Despedímonos xa,
que temos que seguir a nosa viaxe espacial. Por suposto, deixámosvos algunhas
fotos para poñervos os dentes longos...se queredes saber máis non tedes máis
que buscarnos e preguntarnos!
Ata a semana que
vén!
No hay comentarios:
Publicar un comentario