sábado, 25 de enero de 2020

LINGUAXE ADMINISTRATIVA - A CONVOCATORIA

Seguindo a Unidade 4 de Lingua Galega, a semana pasada estudamos as características da linguaxe administrativa. Aprendemos que é unha linguaxe especializada que se emprega en situacións comunicativas específicas, como por exemplo cando escribimos unha carta ao concello ou cando queremos convocar unha reunión dos membros do consello escolar. Agora sabemos que se corresponde cun rexistro formal da lingua e que se caracteriza pola súa claridade e precisión e polo uso de termos e frases específicas.

Para poñer en práctica o uso da linguaxe administrativa, por equipos redactamos unha convocatoria, un tipo de documento que se emprega para avisar dun procedemento ou para anunciar unha reunión. No noso caso, creamos a nosa propia convocatoria anunciando distintos certames (de cociña, de supervivencia, de xogos creativos...). Tivemos que empregar un rexistro formal da lingua e estruturar o texto de forma adecuada. 




Unha vez redactado, deseñamos un cartel no que plasmamos a información sobre os nosos certames: obxecto do premio, membros do xurado, requisitos para participar, entrega de galardóns... Incluso creamos un logo característico.




Finalmente, fixemos un taboleiro de anuncios no que colgamos os carteis, para que todo aquel que queira participar nos distintos certames, teña toda a información necesaria!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

XA ESTAMOS A TRABALLAR EN LÓVA!

Os alumnos e alumnas  5º EP levamos desde setembro traballando con ganas e ilusión dentro do Proxecto LÓVA, a través do cal estamos creando ...