O alumnado de 5º de Primaria recibiu a visita das súas familias dentro do proxecto LÓVA. Durante a mesma, os nenos e nenas convertéronse en auténticos protagonistas, organizando dinámicas e retos nos que participaron os seus pais e nais. Foi unha experiencia chea de aprendizaxe compartida, colaboración e moita ilusión!
Ademais, tiveron a oportunidade de explicar en primeira persoa como está a avanzar a creación da súa ópera, amosando todo o traballo, esforzo e creatividade que hai detrás deste proxecto tan especial.
Grazas ás familias pola súa implicación e por formar parte deste proceso tan enriquecedor! 💖😀



No hay comentarios:
Publicar un comentario