jueves, 22 de enero de 2026

Proxecto "A senda das lendas"

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nun enriquecedor proxecto de creación literaria na materia de Lingua Galega, titulado “A senda das lendas”.

Durante este traballo, achegáronse ao xénero da lenda, analizando as características que toda lenda debe ter: personaxes, espazos, elementos marabillosos e a transmisión oral da tradición popular. Ademais, leron e analizaron con atención a coñecida lenda da Serea das Mirandas, parte da tradición eumesa, que lles serviu de inspiración.

A partir deste proceso, o alumnado creou as súas propias lendas, demostrando unha grande creatividade e un fondo respecto pola nosa cultura e pola nosa lingua.

Como peche do proxecto, elaboraron un libro feito a man, no que recolleron todas as historias creadas, convertendo o traballo nun produto final único e cheo de valor artístico e literario. 📖✨

Parabéns polo excelente traballo realizado!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Traballando a estrutura dramática da ópera de xeito divertido

En LÓVA , o alumnado de 5º de EP xa rematou de traballar a estrutura dramática en parellas, usando viñetas para que todo fose máis visual ...