jueves, 4 de mayo de 2017

Aprendendo autocontrol

Ola outra vez!

Esta semana escribimos desde Mundo Celeste para contarvos que estivemos aprendendo unha cousa moi interesante e que nos será de moita utilidade no noso futuro. Autocontrol. Así, agora podemos saber cando os nosos pensamentos non están sendo axeitados porque están dominados por unha emoción excesiva (normalmente cando estamos enfadados ou tristes). Preguntarédesvos como o fixemos...non?

Pois moi sinxelo, coa axuda do programa de Educación Responsable, vimos e analizamos un vídeo no que non había control das emocións, pero o máis importante veu despois. Estivemos facendo diferentes esceas teatrais nas que representabamos algunha situación deste tipo. Despois, Javi dicíanos que cambiaramos a forma de actuar, e penabamos entre todos qué cambiou no comportamento dos compañeiros a medida que as emocións e a súa xestión cambiaba.

A verdade é que foi moi útil e interesante! A ver se somos capaces de levalo a cabo no día a día...seguro que funciona!

Aquí vos deixamos as "probas do delito"...bueno, de ese delito e de outro que cometemos tamén, que foi un exercicio de relaxación que estivo de marabilla para tranquilizarnos despois de tantos "enfados" e situacións estresantes!



Un saúdo galáctico!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

My favourite film

En la unidad anterior, los alumnos y alumnas de 5º de EP trabajamos el tema del cine en la materia de inglés. Comenzamos con vocabulario rel...