Na materia de Ciencias da Natureza, os alumnos de 5º EP estamos estudando o reino das plantas e as súas características. Por iso, hai uns días tivemos que crear un collage moi orixinal representando o proceso de fotosíntese.
Como xa saberedes, mediante este proceso as plantas verdes, con clorofila, e algunhas bacterias, transforman a enerxía da luz en enerxía química para a síntese de nutrientes, principalmente hidratos de carbono, a partir de CO2 e auga.
E iso foi o que nós quixemos explicar a través das nosas composicións personalizadas, nas que empregamos materiais que tiñamos pola casa, como cartolina, papeis de cores, plastilina, goma eva e, sobre todo, moita imaxinación e creatividade, que sempre son os ingredientes máis necesarios cando estamos a facer unha manualidade.
Mirade que chuladas fixemos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario