lunes, 14 de octubre de 2024

XA ESTAMOS A TRABALLAR EN LÓVA!

Os alumnos e alumnas  5º EP levamos desde setembro traballando con ganas e ilusión dentro do Proxecto LÓVA, a través do cal estamos creando a nosa propia compañía de ópera. Igual que outros anos, dedicamos a sala de audiovisuais do cuarto andar para levar a cabo as distintas tarefas relacionadas con esta nova aventura.

Está sendo un proceso creativo moi interesante e gratificante. Realizamos diversas dinámicas para crear conexións e xerar un sentimento de pertenenza a una compañía de ópera que ten unha importante mensaxe que transmitir ao mundo. 

Xa temos tema e tese da obra e comezamos a recibir visitas de profesionais que nos ensinan un pouco máis do seu oficio. O mércores pasado visitounos Yago, que é actor, e compartiu con nós un montón de consellos que saberemos empregar neste proceso!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Visita de Sara, nai de Alicia, ao proxecto LÓVA

Os nenos e nenas de 5°EP tivemos a sorte de recibir a Sara, nai de Alicia, dentro do noso proxecto LÓVA. Profesora de Lingua Galega, Sara co...