Este novo curso empezamos outro proxecto LÓVA (La ópera como vehículo de aprendizaje). Os protagonistas son os alumnos de 5º de EP.
O primeiro día, sen saber que ían estar neste proxecto, fixeron unha rutina de pensamento chamada VEXO-PENSO- PREGÚNTOME ao ver un remo e unha rede. Houbo moitas e boas propostas, pero a meirande parte dos rapaces observaron neste obxecto un elemento de unión, de remar todos xuntos cara unha mesma dirección.O remo é o obxecto de unión de todas as compañías LOVA de España.
Outra tarefa moi importante feita ata agora foi a creación da metáfora coma grupo, non foi un traballo sinxelo, pois houbo moito que debater , o resultado foi: Somos unha constelación! xa que a constelación é única, está formada por estrelas e se falta unha delas xa non é a mesma constelación.
Para coñecernos un pouco mellor como personas que conforman un grupo, cada un dos rapaces trouxo un obxecto persoal co que se identificaba emocionalmente. Foi unha sesión moi emotiva na que saíron sentimentos que tiñan agochados.
Despois de traballos, retos e dinámicas por fin conseguimos o noso nome: Os detectives en acción!
Este nome foi escollido porque o grupo considérase moi curioso, queren investigar e estar en activo tanto de día coma de noite.
E é isto o que vos podemos narrar ata agora, no próximo episodio aínda máis!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
LÓVA: Visitounos Xosé Lois Romero!
En LÓVA, os membros da compañía TITÁNS seguimos avanzando na creación da nosa ópera. Está sendo un proceso moi intenso, cheo de momentos esp...

-
Os alumnos e alumnas 5º EP levamos desde setembro traballando con ganas e ilusión dentro do Proxecto LÓVA, a través do cal estamos creando ...
-
En la unidad anterior, los alumnos y alumnas de 5º de EP trabajamos el tema del cine en la materia de inglés. Comenzamos con vocabulario rel...
-
En las últimas semanas, los alumnos de 5º de EP llevamos a cabo un proyecto en inglés titulado “Space missions” , a través del que aprendimo...