lunes, 27 de abril de 2020

MAPAS 3D

A semana pasada puxémonos creativos, unindo as materias de Ciencias Sociais e Arts & Crafts. Levamos a cabo o reto de elaborar uns mapas en tres dimensións para representar o relevo de España.

Na súa elaboración empregamos os materiais que tiñamos pola casa: cartolina, papel, plastilina, goma eva, cartón... Botámoslle imaxinación e saíron mapas ben chulos, nos que se poden ver perfectamente os sistemas montañosos e os ríos e, nalgún caso, tamén elementos do relevo costeiro, como cabos e golfos.

Botádelle un ollo ás nosas creacións!








Somos uns verdadeiros cartógrafos, desta vez en 3D ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Unha mañá creativa en LÓVA: aprendendo costura e deseño téxtil

Esta semana, o alumnado de 5º EP gozou dunha experiencia moi especial dentro do Proxecto LÓVA. Recibiron a visita de Tatiana, a nai de Bianc...