sábado, 19 de octubre de 2019

RELOXOS SOLARES

Dende a materia de Ciencias Sociais, tivemos a oportunidade de construir un reloxo de sol caseiro a partir dun prato de plástico e unha palliña.

Despois de elaboralo e personalizalo, colocámolo diante dunha das xanelas da aula. Aínda que últimamente non disfrutamos de días moi soleados, puidemos aproveitar algunhas raiolas de sol para comprobar que, a pesar de que non é un sistema exacto ao 100%, si que nos di a hora aproximada.




Ademais, o noso compañeiro Hugo trouxo un reloxo anular á clase, para que todos puideramos ver como funciona. Aprendemos que é un tipo de reloxo solar baseado na medida do tempo segundo a evolución da altura do sol.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

XA ESTAMOS A TRABALLAR EN LÓVA!

Os alumnos e alumnas  5º EP levamos desde setembro traballando con ganas e ilusión dentro do Proxecto LÓVA, a través do cal estamos creando ...