sábado, 7 de marzo de 2020

Club de lectura e poesía

En Lingua Galega entramos de cheo no mundo poético. Estas semanas estamos a traballar a poesía dende un punto de vista teórico, analizando a estrutura e o contido dun poema, mais tamén dende unha perspectiva práctica, lanzándonos a escribir as nosas propias composicións.

Comezamos aprendendo a analizar o tipo de rima, que pode ser asonante ou consonante, os tipos de versos (arte maior e arte menor) e algúns recursos estilísticos como a metáfora ou a anáfora. Xa somos todos uns expertos.

Ademáis desa análise, tamén estamos aprendendo a ver máis aló, intentando descifrar o que o autor ou autora quería expresar cando escribiu o poema e os sentimentos que nos transmite.

Como somos alumnos botados para adiante, escribimos os nosos propios poemas. Escollimos unha temática que nos gusta moito: o mundo de aventuras dos contos clásicos como Peter Pan ou Carapuchiña Vermella. Deste xeito, creamos un club de poesía ao que chamamos "Pola rúa dos versos".



Ademáis, comezamos outro club moi interesante: un club de lectura ao que dedicaremos a última hora dos luns, para ler os nosos libros preferidos todos xuntos na clase. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

XA ESTAMOS A TRABALLAR EN LÓVA!

Os alumnos e alumnas  5º EP levamos desde setembro traballando con ganas e ilusión dentro do Proxecto LÓVA, a través do cal estamos creando ...