lunes, 30 de marzo de 2020

Proxecto "Redescubrindo o reino animal"

Na materia de Ciencias Naturais de 5º EP, comezábamos un interante proxecto a finais de febreiro: "Redescubrindo o mundo animal".





Desafortunadamente, non nos deu tempo a rematalo, debido á situación que estamos atravesando, pero queremos compartir convosco parte do traballo que fixemos durante o mesmo.
Foi un proxecto divertido no que nos achegamos ao reino animal dun xeito práctico, poñéndonos na pel dun grupo de científicos que queren protexer a toda costa aos animais ameazados pola acción do ser humano e que buscan o porqué de tantos e tantos casos de extinción de distintas especies ao longo da historia.

Para iso, creamos o Club Científico de 5º EP, dedicado á investigación e protección de especies e ecosistemas. Todos os nenos e nenas da clase estamos moi concienciados con este tema, porque cremos que o futuro do noso planeta depende, en gran medida, da conservación dos animais e plantas que nos rodean. 





Investigamos acerca de distintas especies extintas e en perigo de extinción e creamos un PowerPoint con datos interesantes, como o motivo da extinción ou as causas que poñen aos animais en perigo. Unha mágoa que non nos dese tempo a expoñer as nosas indagacións ao resto da clase, mediante una presentación oral que tiñamos preparada. Esperamos poder facelo moi pronto!

Tamén levamos a cabo a unha resolución de problemas con destreza para tratar de atopar solucións posibles a esta situación tan preocupante. Partimos da raíz do problema (tala de árbores, contaminación, caza furtiva, incendios...) e, en equipos, chegamos á que cremos é a mellor opción.





Ademáis, tivemos tempo de saír a observar as especies animais que conviven connosco no patio da escola e arredores. Co noso equipo de exploradores e científicos (prismáticos, lupa e caderno) partimos de expedición e fomos estudando detidamente arañas, caracois, pombas e gaivotas, entre outros. Chegamos a conclusións moi interesantes con respecto ao comportamento destes animais. Por exemplo, concluimos que as pombas e gaivotas achéganse todos os días á hora do recreo porque saben que haberá comida. Por suposto, anotamos os nosos descubrimentos no noso caderno científico.
Tamén aprendemos que, cando saímos a observar e estudar a natureza, hai que ter en conta certas cousas: mirar por onde pisamo e, por suposto, non molestar aos animais nin deixar lixo no chan.












Todo este proceso levámolo a cabo mediante o método científico. Aprendemos que consiste na experimentación e observación, neste caso da natureza, mediante a obxectividade, repetición e contraste. Estes son os pasos a seguir:
       • Observar a natureza e facernos unha pregunta inicial. Por exemplo: "Como se comportan os animais da contorna da escola?"
• Pensar unha posible resposta baseada naquilo que coñecemos.
• Comprobar a predición mediante a medición ou a experimentación.
• Interpretar o resultado e confirmar ou rexeitar a predición.
• Elaborar unha teoría que responda á pregunta inicial. 




Por último, e xa dende as nosas casas, puidemos deseñar unha serie de pósters que seguro que axudarán a concienciar á xente para que intente protexer aos animais e os seus hábitats. Se todos poñemos da nosa parte, podemos cambiar o mundo e darlle unha segunda oportunidade a milleiros de especies. De nós depende!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

XA ESTAMOS A TRABALLAR EN LÓVA!

Os alumnos e alumnas  5º EP levamos desde setembro traballando con ganas e ilusión dentro do Proxecto LÓVA, a través do cal estamos creando ...