sábado, 11 de noviembre de 2023

Proxecto de literatura de terror gótico

Durante este primeiro trimestre, os alumnos e alumnas de 5º e 6º EP levamos a cabo un proxecto interdisciplinario de ciclo que abarcou as materias de Lingua Galega e Arts & Crafts: "Literatura de terror gótico", a través do cal traballamos diversos contidos.

Comezamos poñendo un toque de misterio e terror traballando o Samaín e as súas tradicións en diferentes partes do mundo. Para iso, vimos varios vídeos que nos axudaron a entender as súas orixes e características. Continuamos cunha rutina de pensamento chamada CSI (cor-símbolo-imaxe) para buscar ideas previas: que nos vén á cabeza cando pensamos nesa celebración? 


Seguindo nesa liña, en equipos, realizamos a destreza de pensamento "Compara e contrasta" para buscar e analizar as diferenzas e similitudes entre a celebración do Samaín e da súa versión dos países de fala inglesa: o extendido Halloween. Chegamos a conclusións moi interesantes.


Despois pasamos á parte máis literaria do proxecto. Entramos en contacto coa literatura de terror gótico, analizando os seus trazos definitorios e coñecendo a grandes autores cuxa obra considérase expoñente deste tipo de literatura: Bram Stoker, Mary Shelley, Sheridan Le Fanu... e o grande Edgar Alan Poe, escritor considerado como o pai deste estilo literario. Revisamos brevemente a súa vida e obra e lemos en gran grupo o seu famoso relato O gato negro. Seguidamente, traballamos sobre el, analizando as personaxes e as súas motivacións, a estrutura e aquilo que máis nos gustou.


A parte do proxecto que nos pareceu máis interesante foi poñernos na pel dun escritor de terror: tivemos que crear os nosos propios relatos de terror gótico! Para iso, primeiro planificamos ben a historia (argumento, personaxes, localización, estrutura...) e despois puxémonos mans á obra.  Unha vez redactadas e revisadas, pasamos as historias a limpo, decorámolas con adornos e ilustracións para que tivesen un aspecto terrorífico e misterioso, e xuntámolas todas para crear o libro de relatos de terror gótico de 5º e 6º de primaria.

Ademais, decidimos ceder o libro á biblioteca da escola, para que todo aquel que queira poida ler as nosas historias. Pero polo de agora deixamos o libro no corredor da nosa planta, para que se poida apreciar ben todo o que traballamos durante estas últimas semanas. Ollade!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reinterpretando Las Meninas

En clase de lengua castellana, los alumnos de 5º, hemos trabajado el cuadro de Velázquez "Las Meninas" a través de la estructura c...