lunes, 26 de abril de 2021

Creando ecosistemas!

Hai unhas semanas, en Ciencias Sociais de 5º de Primaria, rematamos o proxecto “Coidado, está vivo!”. Nel estivemos a traballar principalmente os climas do mundo e as súas características, pero tamén tratamos outros moitos temas como o cambio climático, o desenvolvemento sostible ou os diferentes tipos de ecosistemas que existen.

 Comezamos o proxecto coa rutina de pensamento “vexo, penso, pregúntome” con esta imaxe. Que pensades e que vos preguntades vós?


 

 

Despois, fixemos unha investigación sobre os climas do mundo: onde están, as súas temperaturas e as súas precipitacións, para chegar a un debate sobre o cambio climático, no que falamos do que era este fenómeno e a nosa culpa como especie en que se estea a producir.

 Este debate levounos a coñecer o termo “desenvolvemento sostible”, algo que polo que vimos é fundamental de cara a axudar ao noso planeta cara o futuro, sen deixar de evolucionar e mellorar o presente.

 Tras este debate, comezamos o noso produto final, que tiñamos moitas ganas de facer despois de tanto tempo: UNHA MAQUETA!! A pena é que non puidemos facela en equipos como nos gustaría, pero aínda así foi unha actividade marabillosa.








Nas nosas maquetas, tivemos que inventar un ecosistema, iso sí, baseado nun clima real; os nosos creativos animais e as nosas imaxinarias plantas tiñan que ter características que os permitisen sobrevivir no clima que elixiramos. Fíxosenos un pouco difícil, pero ao final lográmolo, como podedes ver nas imaxes. Por suposto, cada elemento da nosa maqueta tiña a súa ficha informativa: características, alimentación, reprodución...)




Para rematar, e volvendo ao noso sentimento de intentar mellorar o mundo, fixemos unha destreza de pensamento chamada “resolución de problemas con destreza”, onde tentamos buscar solucións ao cambio climático. Atopamos solucións tanto sinxelas (por exemplo, aumentar os espazos naturais protexidos para evitar a extinción de animais e plantas), como moi complexas (como pode ser a de tentar habitar outro planeta e facer as cousas ben alí).

 

Como vedes, foi un proxecto longo e que nos fixo pensar moito, pero a verdade é que nos gustou un montón!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XA ESTAMOS A TRABALLAR EN LÓVA!

Os alumnos e alumnas  5º EP levamos desde setembro traballando con ganas e ilusión dentro do Proxecto LÓVA, a través do cal estamos creando ...