jueves, 22 de enero de 2026

As profesións de LÓVA

Dentro do proxecto LÓVA (A Ópera, un Vehículo de Aprendizaxe), o alumnado de 5º de Educación Primaria iniciou un proceso de coñecemento e exploración de todo o traballo que hai detrás dunha produción escénica.

Ao longo das primeiras sesións, traballaron as distintas profesións implicadas nunha función, aprendendo cal é o papel de cada unha antes, durante e ao remate do espectáculo, así como a importancia da coordinación e do traballo en equipo. Iluminadores, intérpretes, responsables de relacións públicas, vestiario, peiteado e maquillaxe, dirección...

Ademais, realizaron unha visita ao salón de actos do centro co obxectivo de familiarizarse co espazo no que desenvolverán o proxecto ao longo dos vindeiros meses. Durante esta visita puideron coñecer o escenario, a distribución do espazo e imaxinar como será o seu propio traballo artístico.

Este proxecto permitirá ao alumnado desenvolver competencias artísticas, comunicativas e sociais, fomentando a creatividade, a responsabilidade e a cooperación.🎶







Proxecto "A senda das lendas"

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nun enriquecedor proxecto de creación literaria na materia de Lingua Galega, titulado “A senda das lendas”.

Durante este traballo, achegáronse ao xénero da lenda, analizando as características que toda lenda debe ter: personaxes, espazos, elementos marabillosos e a transmisión oral da tradición popular. Ademais, leron e analizaron con atención a coñecida lenda da Serea das Mirandas, parte da tradición eumesa, que lles serviu de inspiración.

A partir deste proceso, o alumnado creou as súas propias lendas, demostrando unha grande creatividade e un fondo respecto pola nosa cultura e pola nosa lingua.

Como peche do proxecto, elaboraron un libro feito a man, no que recolleron todas as historias creadas, convertendo o traballo nun produto final único e cheo de valor artístico e literario. 📖✨

Parabéns polo excelente traballo realizado!








martes, 20 de enero de 2026

Unha viaxe especial

Na materia de Lingua Galega, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha presentación oral sobre unha viaxe especial. 

Primeiro organizaron as súas ideas por escrito sobre o papel e, despois, elaboraron unha presentación en Canva como apoio visual. Finalmente, expuxeron o seu traballo de maneira oral diante do resto da clase, practicando a expresión oral, a organización das ideas e o uso de ferramentas dixitais. 

Unha actividade moi completa e un gran traballo por parte do alumnado.

















As profesións de LÓVA

Dentro do proxecto LÓVA (A Ópera, un Vehículo de Aprendizaxe) , o alumnado de 5º de Educación Primaria iniciou un proceso de coñecemento e ...